Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá abreu o prazo para renovación de carnés e inscripcións no Rexistro Municipal de Productor de Faba

Nota de prensa

Delegación de Medio Rural

Aberto tamén o prazo para novas inscripcións no Rexistro Municipal de Productor de Faba

O CONCELLO DE LOURENZÁ ABRE O PRAZO PARA A RENOVACIÓN DOS CARNÉS DE FABEIRO

* Os produtores con Carné de Fabeiro terán un lugar direnciado para as súas transacións dentro do mercado muncipal que se celebra os domingos a partires de finais de setembro.

* O prazo de renovacións e do 1 ao 15 de setembro polas mañás no Concello e as tardes na Biblioteca Municipal

Lourenzá, 26 de agosto do 2011.- Un ano máis por estas datas a Concelleira de Medio Rural do Concello de Lourenzá ponse en contacto a través de carta cos Produtores de Faba inscritos no Rexistro Municipal para recordarlles a necesidade de renova-lo carné de productor de FABA ou CARNE DE FABEIRO DO CONCELLO DE LOURENZÁ, para poder acceder ao recindo, destinado a tal fin, nos habituais mercados de faba a granel dos domingos que se iniciarán a partires de finais do mes de setembro, sendo imprescindible que traigan o carné renovado cada domingo para poder acceder ao recinto.

Como en anos anteriores os fabeiros con Carné estarán separados fisicamente dentro do recinto daqueles outros que non o posúan como medida diferenciadora da faba a granel que se vai a vender. Tódos os fabeiros con carné están respondendo ante os compradores de que a súa mercancía foi producida na Mariña Lucense, ademáis esta medida permitenos en todo momento, ademáis de regular as transacións a granel de faba no mercado municipal estimar a producción potencial de Faba que se produce na Mariña de Lugo e que podía ser certificada a través da IXP Faba de Lourenzá.

É moi importante ter en conta que este carné non interfiere para nada coa distinción de I.X.P. Faba de Lourenzá, xa que esta última, non se certifica nas transacións a granel.

O prazo para inscripcións e renovacións iniciase a partires do vindeiro xoves 1 de setembro e rematará o venres 16 de setembro.

Renovarase polas mañás na oficina da Técnico de Emprego situada na casa consistorial de 9 a 13 horas e polas tardes na Biblioteca Municipal de 17:30 a 20:00 sendo necesario trae-lo antiguo carné e, en caso de ter que facelo de novo, deben traer unha fotografía reciente así como a copia do DNI.

Exit mobile version