O concello de Lourenzá organiza unha viaxe ao Parque Acuático de Cerceda que. Será o xoves, 18 de agosto, para nenos/as a partir de 6 anos; as prazas son limitadas, e a data de inscrición comeza este vindeiro luns, 8 e remata o martes, 16 de agosto. O lugar para informarse e anotarse é a Casa da Xuventude, en horario de mañá, de 10:00 a 13:30 horas.