Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo habilita temporalmente tres aparcamentos para 400 vehículos

Nota de prensa

O CONCELLO HABILITA TRES APARCAMENTOS EN RIBADEO CON CAPACIDADE PARA 400 VEHÍCULOS. FERNANDO SUÁREZ ANUNCIOU QUE OS SOLARES SON CEDIDOS DE XEITO GRATUITO POLOS SEUS PROPIETARIOS POR UN TEMPO LIMITADO.

Ribadeo, 26 de agosto de 2011. O Concello habilita tres aparcamentos en Ribadeo con capacidade para 400 vehículos. Os solares son cedidos de xeito gratuito polos seus propietarios, segundo daba a coñecer esta mañá o alcalde.

Fernando Suárez sinalou que “desde o Concello de Ribadeo estivemos traballando nestes últimos tempos para poder habilitar, para poder ofrecerlle ao público en xeral, unha serie de novos aparcamentos para vehículos, aparcamentos en precario, dado que son solares que os propietarios nos ceden gratuitamente, sen nengún custe para o Concello, pero durante un tempo limitado ata que eles queiran. Básicamente todos eles é ata que o plan xeral de ordenación municipal se aprobe definitivamente e se poida construir ou ata o día que eles estimen convinte”.

O rexedor manifestou que “estas iniciativas que o Concello xan ten feito hai varios anos con actuacións deste tipo agora vanse ver reforzadas e enriquecidas por unha nova zona na rúa Lazúrtegui, aproximadamente cunha capacidade para uns 60 turismos; na zona da rúa Recarei, onde haberá unha capacidade para uns 40 turismos; e logo un aparcamento moito máis grande detrás da avenida de Galiza, xusto enfrente desta nova rotonda do Xardín, onde aproximadamente haberá cabida para uns 280 turismos e uns 15 camións”. Suárez Barcia engadiu que “quixemos aproveitar tamén unha parte desta superficie grande deste aparcamento para contribuir a resolver unha problemática que temos en Ribadeo desde hai moito tempo, porque moitos camioneiros nos din que ás veces teñen dificultades para poder aparcar os seus camións. E aínda que sexa unha circunstancia transitoria, aínda que sexa xa algo temporal, non definitivo, sí que durante o tempo que sexa esta autorización por parte dos propietarios estes profesionais poderán aparcar lóxicamente os seus camións e sobre todo os seus remolques”.

O alcalde subliñou que “con estas tres actuacións creamos unhas 400 novas prazas de aparcamento, entre turismos, fundamentalmente, e camións, en menor medida pero tamén importante. Ademáis estamos traballando nalgunha nova zona que en breve daremos a coñecer”.

Exit mobile version