Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro recorda que a recollida de enseres é os mércores e non se poden deixar na rúa sen aviso

NOTA DE PRENSA

Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, quere recordar dende a Concellería de Servizos Públicos, a tódalas veciñas e veciños do noso Concello, así como aos residentes temporais, que conforme as ordenanzas municipais a recollida de mobles e enseres se realiza os mércores pola mañá.

Para o bo funcionamento da recollida de mobles e enseres, compre realizar de forma obrigatoria unha solicitude, xa sexa mediante chamada telefónica ou persoándose nas dependencias municipais, na cal se lle indicará a data na que cada solicitante pode depositar os mobles ou enseres na rúa para a súa inmediata retirada.

Dende a Concellería de Servizos Públicos, queremos agradecer a colaboración de todas as veciñas e veciños que xa utilizan de forma apropiada este servizo público, e que contribuen coa sua actitude a mellorar e manter a boa imaxe de limpeza da nosa Cidade.

Así mesmo, advertimos, logo de comprobar en certas zonas do Concello, o incumprimento por parte dalgúns cidadáns, co depósito de mobles, colchóns, etc. sen previo aviso, que está totalmente prohibido o depósito de mobles e enseres na rúa sen previo aviso ou escombro procedente de obras tanto na rúa como nos contedores do lixo, e co fin de manter e mellorar a boa imaxe de limpeza da nosa cidade, o incumprimento da normativa en canto a recollida de mobles e enseres será sancionado correspondentemente.

Exit mobile version