Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno galego lembra sentenzas que lle dan razón aos promotores no urbanismo de Barreiros

Nota de prensa

Os dous partidos deron cobertura na Deputación de Lugo ao convenio que fai
viable o desbloqueo do concello

O conselleiro de Medio Ambiente pide a PSOE e BNG que deixen a dobre linguaxe
sobre o urbanismo de Barreiros e lembra que hai sentenzas que están a dar a
razón aos promotores

-?O Executivo autonómico, de acordo co convenio asinado coa Deputación de Lugo,
está a resolver a situación urbanística do concello conforme a legalidade?

-Nestes momentos está acreditado o cumprimento de todas as condicións
establecidas en dito convenio para garantir a prestación dos servizos
urbanísticos co nivel de suficiencia legalmente esixido

-A lexislación urbanística contempla a posibilidade de que as obras de
edificación e de urbanización se executen ao mesmo tempo

-Deste xeito, as licencias de primeira ocupación irán outorgándose conforme se
acredite que os servizos urbanísticos están rematados, tal e como se fai
habitualmente en todos os concellos de Galicia

Santiago, 1 de agosto de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, Agustín Hernández, instou a PSOE e BNG a ?abandonar a súa dobre
linguaxe en relación ao urbanismo de Barreiros? e lembrou que tanto o Partido
Socialista, como o Bloque Nacionalista Galego (BNG), ?como sabe todo o mundo,
goberna na Deputación de Lugo e deron a súa conformidade a un convenio que,
precisamente, o que permite é facer viable o urbanismo en Barreiros?. O
responsable de Medio Ambiente do Goberno galego subliñou que ?o Executivo
autonómico o que está a facer en Barreiros, de acordo con ese convenio, repito
asinado coa Deputación de Lugo, é resolver a situación urbanística do concello
conforme a legalidade?.

Agustín Hernández aclarou que ?en Barreiros non hai suficientes servizos, que é
o que pretende solucionar este convenio para garantir o interese xeral?. Sinalou
que se están a recibir sentenzas que dan a razón aos promotores, o que podería
producir un quebranto económico ao concello e á propia administración autonómica
que no seu día decidiu paralizar moitas promocións.

?O que se busca en Barreiros é resolver un problema garantindo o interese xeral,
iso é o que estamos a facer en colaboración coa Deputación de Lugo e a min
gustaríame que PSOE e BNG non tiveran esta dobre linguaxe entre o que fan na
Deputación de Lugo e o que di o grupo parlamentario?, agregou.

Convenio

O actual Goberno asinou en abril de 2010 un convenio coa Deputación de Lugo e co
Concello de Barreiros para solucionar os problemas de deficiencia de servizos
que motivaron a paralización das licencias.

Nestes momentos está acreditado o cumprimento de todas as condicións
establecidas en dito convenio para garantir a prestación dos servizos
urbanísticos co nivel de suficiencia legalmente esixido: está aprobado o plan
sectorial e feitos os proxectos sectoriais que o desenvolven, e está garantida a
dispoñibilidade de crédito necesaria para executar as obras, incluíndo os avais
dos promotores.

A lexislación urbanística contempla a posibilidade de que as obras de
edificación e de urbanización se executen ao mesmo tempo. Deste xeito, as
licencias de primeira ocupación irán outorgándose conforme se acredite que os
servizos urbanísticos están rematados, tal e como se fai habitualmente en todos
os concellos de Galicia.

Exit mobile version