Site icon Crónica3.com A Mariña

O peirao de San Cibrao acolle a exposición gráfica dos 25 anos do Hospital da Costa

Nota de prensa:
A mostra está organizada pola Comisión organizadora do XXV Aniversario do Hospital da Costa e nela colabora o Concello de Cervo

A EXPOSICIÓN DOS 25 ANOS DO HOSPITAL DA COSTA PODERASE VER NO PEIRAO DE SAN CIPRIÁN ATA O VINDEIRO 11 DE SETEMBRO

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, lembrou que a creación deste centro hospitalario naceu ao abeiro das xestións feitas no seu día dende o Concello de Cervo

Cervo, 23 de agosto de 2011.- Cervenses e visitantes terán a oportunidade estes días de recrear os 25 anos de historia do Hospital da Costa, a través de quince paneis con fotos e textos, instalada na explanada do peirao de San Ciprián, xusto enfronte da capela.

A devandita exposición permanecerá neste lugar ata o vindeiro 11 de setembro. “Trátase dun percorrido fotográfico e cronolóxico polas distintas etapas da vida e da historia dun hospital que cumpre lembrar que naceu no municipio de Cervo”, explicou o rexedor, Alfonso Villares, que acudiu á presentación da exposición xunto con varios representantes do Goberno local, co director do Hospital, José Insua, e con varias integrantes da Comisión Organizadora dos Actos do XXV Aniversario deste centro hospitalario.

O alcalde referiuse ao complexo hospitalario mariñán coma “un hospital que medra ano tras ano nas súas distintas áreas e servizos e do que podo dicir que o continuará a facer de aquí en diante”. Por último, o rexedor cervense convidou a tódolos veciños e visitantes a presenciar esta exposición e agradeceu a labor feita polos integrantes da Comisión organizadora do XXV Aniversario do Hospital da Costa, responsables desta mostra.

As imaxes que se poden ver recuperan distintos momentos, espazos e persoal do centro hospitalario mariñao, que comezou a funcionar en maio de 1986, e tivo diferentes etapas de crecemento tanto na súa plantilla de traballadores, especialidades médicas e asistenciais, como en dotación tecnolóxica. O centro hospitalario foi medrando a media que o facía tamén a comarca.

Exit mobile version