Site icon Crónica3.com A Mariña

O prato forte no arranque ligueiro será o Móstoles, o 10 de setembro

Nota de prensa:
PRATO FORTE NO ARRANQUE LIGUEIRO: MÓSTOLES, O 10 DE SETEMBRO

A chegada do ansiado calendario da Primeira División desvelou as incógnitas da competición para o Burela FS Pescados Rubén, que arrancará a liga 2011-12 o 10 de setembro en Vista Alegre, con prato forte, a visita do FSF Móstoles, campión da Copa de España Burela 2011.

Xunto a galegas e madrileñas, conformarán a categoría outros 14 conxuntos, os xa coñecidos Ponte Ourense SAD, Atlético de Madrid Navalcarnero, Cajasur Córdoba FS, FSF Rioja Diamante, FS Gironella, Natudelia.com Zaragoza, Valladolid FSF, Cidade das Burgas FS, Femesala Elche, VP Soto del Real e CD Orvina e os noveis Majadahonda FSF-Afar 4, Rubi FS e CD Universidad de Alicante. A competición distribuirase en 30 xornadas e prolongarase ata o 2 de xuño de 2012, coa despedida das laranxas en terras alacantinas.

A bomboneira acollerá o primeiro derbi galego na terceira xornada, o 24 de setembro, ante o Ponte Ourense, campión da liga 2010-11, que se postula outro ano coma un dos rivais máis fortes. Dous meses máis tarde, o 19 de novembro, tocaralle a quenda ao Cidade das Burgas.

As xogadoras burelistas irán chegando á Mariña nos vindeiros días para incorporarse aos adestramentos de pretempada o xoves 11 de agosto.

Exit mobile version