Site icon Crónica3.com A Mariña

O pregón do San Lorenzo

O PREGON DO SAN LOURENZO

O pasado venres tivo lugar na Casa da Cultura , o pregón que cada ano, en vésperas do

San Lourenzo, alguén se encarga de pronunciar; un labor que soe solicitarse a distintas

persoas, atendendo a circunstancias que nas mesmas concurren ou, a veces, a

determinados obxetivos dos individuos que, polo seu posicionamento no organigrama, son

os encargados de solicitar a devandita colaboración. Nesta ocasión produciuse unha

amable novidade, rachando co que ven sendo tradicional, ó encargarse desa función

todo un colectivo do mundo da cultura: a Coral Polifónica. A iniciativa foi un acerto e

polo tanto, a innovación, un éxito. Posiblemente nunca o publico – que ateigaba a sala –

viviu en edicións precedentes un acto semellante, en actitude tan participativa,

expectante e tan compracido.

O cancioneiro tradicional focego- composto sobre todo por cantigas da terra e habaneras- serviron de intermedio musical ás palabras coas que o presidente, Antonio Vila, en clave de humor, describía a historia da coral, así como os diversos tipos humanos que a forman, sempre en relación coa súa entusiasta e moitas veces sacrificada participación.

É ben sabido que a música é, coa poesía, a mais sublime expresión dos sentimentos. De ningún outro xeito o individuo pode transmitir de maneira mais persoal, nin con maior sensibilidade a mensaxe envolvida na beleza que encerra a obra poético-musical A música traza imaxes ideais, é compañeira na ledicia e na dor.O canto grupal é unha das expresións xenuinas da alma dun pobo. O coro é un instrumento colectivo, unha forma de identificación comunitaria. Por eso o presidente insistiu unha e outra vez: “¡cantade!”, “¡cantade sempre!”.

Parabéns a cantos participaron no singular pregón: Á Coral que a cada actuación corrobora a alta calidade acadada, e polo tanto á súa directora, e ó presidente pola lucida e enxeñosa intervención, e a tódolos compoñentes.

Suso Fernández

Exit mobile version