Nota de prensa
A REGATA TRANSGASCOGNE VOLTARÁ A RIBADEO NA SÚA VINDEIRA EDICIÓN PREVISTA PARA 2013. MARIO COTO ASEGUROU QUE O CNR É IMPARABLE.
Mario Coto dixo que “o balance que poido facer da regata é moi positivo e sitúase por enriba das expectativas que nos marcamos inicialmente. Foi espectacular, todo nos saiu moi ben”. O presidente do CNR considera que “organizar unha regata desta índole e con xentes que están tan acostumados a encargarse eles de todo era un novo reto para nós e recibimos moitas felicitacións por parte dos franceses, dixéronnos que tivemos un nivel altísimo, algo que a min me enche de satisfacción”. Coto destacou o traballo realizado por toda a directiva e polos traballadores do Club Náutico de Ribadeo para que a Transgascogne fose un éxito e tivo tamén palabras de agradecemento para o xefe territorial de Cultura, José Carlos Rodríguez Andina, “quen traballou codo con codo con nós, él conseguiu que recibísemos unha cantidade importante de diñeiro de Turismo para sufragar os gastos desta regata. E todo saiu fenomenal”.
O presidente do CNR adiantou que “a organización da regata Transgascogne xa se comprometeu a vir a Ribadeo na vindeira edición que será no verán de 2013. Durante estes días ocurríronsenos moitas cousas, esta xente está animada a poñer o seu esforzo e a súa experiencia para a ver si o ano que ven facemos algunha cousiña máis con eles. Nos veremos si é posible, pero eles están moi interesados en seguir colaborando xa de inmediato”.
Mario Coto subliñou que “agora mesmo o Club Náutico de Ribadeo é imparable, vai a moi bó ritmo e estamos vendo a posibilidade de formalizar outras regatas, mañá imos presentar a semana náutica, e queremos seguir así, traballando a este ritmo e a este nivel tan alto”.