Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE advirte que non se pode xogar cos servizos sanitarios da comarca de A Mariña

Nota de prensa

ISMAEL REGO ADVIRTE AO GOBERNO DE FEIJOO E AO PP “QUE NON SE PODE XOGAR DE XEITO IMPROVISADO COS SERVICIOS SANITARIOS DA COMARCA DA MARIÑA LUGUESA”

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego afirma que “unha cousa é falar da xestión integrada da actual área sanitaria, buscando a máxima coordinación e optimización dos medios”, e outra moi distinta “é a supresión da area sanitaria como pretende a Conselleira de Sanidade”

-O deputado lémbralle ao executivo autonómico a necesidade dunha resposta urxente para a ampliación do Hospital e a posta en marcha do plan de mellora da atención primaria

-Sinala que o Grupo Parlamentario Socialista entende que os Mariñaos estean fartos dos titulares mediaticos de Feijoo sobre as presuntas melloras na atención sanitaria da zona, e subliña que ademais “teñen que sufrir as maiores listas de espera do sistema sanitario galego”

Burela, 11 de agosto de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego advertiu hoxe que ao Goberno de Feijoo e ao PP “non se pode xogar de xeito improvisado cos servizos sanitarios da comarca da mariña luguesa”.

O deputado lémbralle ao executivo autonómico a necesidade dunha resposta urxente para a ampliación do Hospital e a posta en marcha do plan de mellora da atención primaria, co fin de ampliar a capacidade de atención deste servicio na zona e en liña coas súas necesidades.

O deputado socialista afirma que “unha cousa é falar da xestión integrada da actual área sanitaria, buscando a máxima coordinación e optimización dos medios, tanto de atención primaria como na especializada”, e outra moi distinta “é a supresión da area sanitaria como pretende a Conselleira de Sanidade”. Por iso denuncia que “os cidadáns da Mariña non podemos tolerar esta situación de deixadez e abandono”, espetou.

Sinala que o Grupo Parlamentario Socialista entende que os Mariñaos estean fartos dos titulares mediaticos de Feijoo sobre as presuntas melloras na atención sanitaria da zona, e subliña que ademais “teñen que sufrir as maiores listas de espera do sistema sanitario galego”.

Exit mobile version