NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS ESIXIRAN NO PARLAMENTO DE GALICIA UN COMPROMISO CLARO E FIRME DO GOBERNO DE FEIJOO COA ATENCIÓN SANITARIA PÚBLICA DA MARIÑA DE LUGO
-Dende o PSdeG-PSOE consideran que a situación de deterioro da sanidade na comarca da Mariña ten un obxectivo estratéxico claro por parte do Goberno do Partido Popular “que é a potenciación da sanidade privada, ou dito doutro modo poñer o negocio por encima do dereito dos cidadáns”
-Rego afirmou que a situación “é o suficiente e escandalosa como para recibir unha resposta contundente dos cidadáns a prol dun servicio que custou moito esforzo conseguir”
Burela, 28 de agosto de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego dixo hoxe que esixiran no Parlamento un compromiso claro e firme da Xunta coa atención sanitaria publica os cidadáns da comarca. Rego anunciou hoxe que interpelara á Conselleira de Sanidade sobre a supresión das ambulancias e a precarizacion que están sufrindo o conxunto dos servicios sanitarios da zona
Dende o PSdeG-PSOE consideran que a situación de deterioro da sanidade na comarca da Mariña ten un obxectivo estratéxico claro por parte do Goberno do Partido Popular “que é a potenciación da sanidade privada, ou dito doutro modo poñer o negocio por encima do dereito dos cidadáns”.
Rego afirmou que a situación “é o suficiente e escandalosa como para recibir unha resposta contundente dos cidadáns a prol dun servicio que custou moito esforzo conseguir”, e lembra que xa daquela houbo que loitar “contra intereses e estratexias non moi distintos os que hoxe defende o actual goberno de Galicia”.
O deputado socialista non descarta que o seu Grupo Parlamentario force unha votación no Parlamento que obrigue aos deputados do PP a posicionarse a prol ou en contra dos dereitos dos cidadáns da Comarca, e que esta limitando o Goberno que sustentan.