Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz solicita un pleno urxente para tratar a retirada do servizo da ambulancia do 061

Nota de prensa:
ATT: Sr Alcalde-Presidente do Concello de Foz:

O Grupo Municipal do PsdeG PSOE de Foz á vista dos últimos acontecementos relacionados coa redución da xornada da ambulancia do 061 que anunciou a Xunta de Galicia, e a posteriores as declaracións do noso Alcalde non defendendo os intereses dos veciños,senon os intereses do seu partido político,e ademais manifestando que os veciños e veciñas do noso Concello non van ver mermados os servicios dos que dispoñemos, o PsdeG PSOE de Foz entende que estamos a tratar un tema mui delicado, entendemos que coa saude non se xoga e ademais creemos primordial que non se pode recortar nin un só centimo na sanidade pública, cousa que por desgracia estamos vendo que dende a Xunta de Galicia nos últimos tempos está a contecer día sí e día tamén.

Por todo o anteriormente exposto o grupo Municipal do PsdeG PSOE de Foz queremos solicitar un Pleno urgente extraordinario para o vindeiro 1 de Septembro,xoves, as 20:30 horas cos seguintes puntos na orden do día:

1- A retirada durante doce horas ó dia da ambulancia do 061 que presta os seus servicios no Concello de Foz.

2- Estado da situación sanitaria actualmente no Concello de Foz.

Exit mobile version