Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan unha subida ao pico de San Pedro en Alfoz con visita guiada ao Forno das Meigas

Nota de prensa

IV SUBIDA AO PICO DE SAN PEDRO
(parroquia de MOR, ALFOZ)
Domingo, 14 de agosto do 2011
Saída ás 11:00 h., do Souto de Correlos, fronte ao Bar San Pedro.
No medio do traxecto faráse unha visita guiada á cova natural denominada O FORNO DAS MEIGAS.
Ao chegar ao Pico, como todos os anos, colocaránse no cume do monte unha bandeira galega e un estandarte co escudo de Alfoz.
Altitude do Pico de San Pedro: 452 m.

Trátase dunha rota a pé (aprox. 1 hora) na que cada ano participan máis veciños e visitantes, o principal promotor desta idea é Miguel Lorenzo, un alfocés emigrado en Catalunya que sempre destacou polo seu amor á Galiza e polas súas inquedanzas sociais e culturais en prol de Alfoz.
Miguel Lorenzo comezou hai anos levando aos nenos da parroquia todos os vraos para que coñecesen o Pico de San Pedro e máis O Forno das Meigas, e xa daquela se deixaba testemuño da excursión cunha bandeira galega na que figuraba a data de subida, no 2008 decidiu reunir colaboradores e convocar unha subida con xantar para persoas de todas as idades.
Ao chegar ao Pico de San Pedro celébrase un xantar de confraternidade, algúns participantes levan o seu propio mochilo, mais tamén se pode encargar a comida, disto ocúpase outro dos organizadores, Enrique Lorenzo “Muro”, quen posúe un antigo forno de leña e elabora receitas tradicionais do val do río Ouro, entre elas o pan artesán. Quen queira apuntarse á comida de encargo debe facelo antes do día 12 no Taller Autos Enrique (619 52 18 77).
Para máis información, contactar con Paco Expósito no: 696 85 33 80

Exit mobile version