Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros de Mar e Medio Ambiente e de Obras de Burela divagan sobre a avaría no emisario

Nota de prensa

LÓPEZ EIJO E FERNÁNDEZ VALLE AFIRMAN QUE “O BIPARTITO COÑECÍA O ESTADO DO EMISARIO” E QUE “A SÚA DESIDIA ACRECENTOU A AVARÍA”. OS CONCELLEIROS POPULARES LAMENTAN QUE O CUSTE DA REPARACIÓN REPERCUTA NOS BOLSILLOS DE TODOS OS CIDADÁNS.

Burela, 11 de agosto de 2011. Os concelleiros de Mar e Medio Ambiente e de Obras, Patricia López Eijo e Manuel Fernández Valle, afirmaron hoxe que “o bipartito tiña que coñecer o deficitario estado do emisario submarino, porque a analítica da auga da praia de Penoural deu mal durante medio mes de xullo e a totalidade de agosto e setembro de 2010, datos que estaban en poder do Concello e que tiñan que ser coñecidos forzosamente alomenos pola concelleira de Medio Ambiente e pola de Mar”.

Os edís populares consideran que “si naquel momento o bipartito optara por facer unha inspección do emisario e procedera a arranxalo, seguro que agora non estaríamos falando dos trinta mil euros que se gastaron; polo tanto a desidia do bipartito acrecentou a avaría e ocasionou máis gasto”.

López Eijo e Fernández Valle sinalan que “calquera persoa con dous dedos de fronte pode deducir que se a auga da praia do Penoural deu mal durante tanto tempo, non se trata dun problema puntual, porque por riba houbo que pechar temporalmente ao uso a praia de Portelo, e si por cerca desa praia discorre o emisario, parece claro onde está o problema”.

Os concelleiros do equipo de goberno coinciden en sinalar que “non podemos imaxinarnos que se diría do PP si fose o PP o responsable da avaría; pero o que sí é certo é que pagar esta avaría vai repercutir directamente en todos os cidadáns de Burela”.

Os edís de Medio Ambiente e Obras conclúen manifestando que “desde o equipo de goberno se está a falar de forma permanente con Augas de Galicia, para minimizar o impacto desta avaría na economía do Concello”.

Exit mobile version