Site icon Crónica3.com A Mariña

Penasagudas, en Xove, celebra a feira de San Isidoro de Monte coincidindo co día de San Bartolo


Nota de prensa

FEIRA DE GANDO DE SAN ISIDORO DE MONTE

O vindeiro MÉRCORES, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Programa da Feira é o seguinte:

-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.

-12:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.

-14:00 horas: Sesión Vermú co “DUO GALICIA”.

-18:00 horas: Verbena co “DUO GALICIA”.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:

1. Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:

1º premio: 150 €uros

2º premio: 120 €uros.

3º premio: 90 €uros.

4º premio: 50 €uros

5º premio: 30 €uros.

b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:

1º premio: 150 €uros

2º premio: 120 €uros.

3º premio: 90 €uros.

4º premio: 50 €uros

5º premio: 30 €uros.

Dentro do Programa tamén se inclúe unha COMPETICIÓN DE ANDADURA a partires das 5 da tarde, con dúas modalidades: PAÍS e TROTÓNS. A Organización para este ano ten o seguintes premios:

Modalidade PAÍS:

1º Premio de País: 150 €uros.

2º Premio de País: 90 €uros.

3º Premio de País: 30 €uros.

Modalidade de TROTÓNS:

1º Premio de País: 150 €uros.

2º Premio de País: 90 €uros.

3º Premio de País: 30 €uros.

Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).

Exit mobile version