Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron o XVI Torneo de Baloncesto 5×5 ” Vila de Foz 2011″

Nota de prensa

Esta mañá, ás 10:00h., tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de
Foz a presentación do que se vai a celebrar na pista polideportiva Campo da Cabana
os vindeiros días 13 e 14 de Agosto.
Na presentación estiveron presentes Mercedes González Alonso,
Concelleira de Deportes do Concello de Foz e Antonio Veiga,
Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo e Responsable da Área de
deportes que informaron detalladamente do desenrolo do torneo, que
se vai a disputar os seus encontros correspondentes á fase de
grupos ao longo do sábado dende ás 11 da mañá, para disputar o
domingo pola mañá, dende ás 10 da mañá a segunda fase e xa pola
tarde a fase final coa disputa das semifinais ás 17 e 18h e a gran
final ás 20h. Antes da final, ás 19h. disputarase un partido de
exhibición entre xogadoras do Club Baloncesto Burela.
O 1º clasificado será agasallado con 600€ + trofeo, o 2º clasificado
levárase 200€ + trofeo e o 3º e 4º clasificado cadanseu trofeo
Ademais, farase entrega de trofeo ao Mellor Xogador e Equipo Máis
Deportivo.
O torneo está organizado polo Concello de Foz, contando coa
colaboración da Deputación Provincial de Lugo, Bar A Bolera e BFL
Consulting Empresarial

Exit mobile version