Site icon Crónica3.com A Mariña

Riobó actuará o 19 de agosto no camping Gaivota, organizado por Eido Dourado

Nota de prensa:

RIOBÓ ACTUARÁ O VENRES 19 DE AGOSTO NO CAMPING GAIVOTA. O CONCERTO ESTÁ PROMOVIDO POLO EIDO DOURADO. O OBXECTIVO DE CELSO DOURADO CON ESTAS ACTUACIÓNS É DIFUNDIR A BOA MÚSICA DE RAÍZ GALEGA.

Barreiros, 17 de agosto de 2011. O grupo musical Riobó actuará o venres 19 de agosto ás 23 horas no camping Gaivota de Benquerencia. O concerto está promovido polo Eido Dourado.

O artista barreirense Celso Dourado sinalou que “o Eido Dourado decidiu este verán promover unha serie de concertos con músicos de primeira calidade. Celebramos dous e démonos conta de que os xardíns dalgunha maneira teñen que ser acondicionados tanto en iluminación como en capacidades e ao mesmo tempo comodidades para acoller este tipo de eventos. Entón os concertos que xa estaban apalabrados decidimos trasladalos ás terrazas do camping Gaivota”.

Dourado anunciou que “este venres imos contar coa presencia de Riobó, que é un grupo de recente formación aínda que os músicos son todos dunha longa traxectoria. É unha formación lideradada por Begoña Riobó, unha violinista que formou parte de importantes proxectos, como Sondeseu, desenrolado por Rodrigo Romaní e de grande importancia no panorama tanto musical como cultural do país galego. Ela é realmente coñecida porque durante un longo periodo formou parte da banda que acompañaba a Carlos Núñez, co cal Begoña Riobó alcanzou unha grande sona”. O artista de Barreiros subliñou que “é a primeira violinista galega en liderar un grupo, no que a base principal é o violín cun tratamento absolutamente novedoso. Apeteceulle facer este concerto porque vai ser a súa presentación en toda a comarca da Mariña. Nunca estivo por aquí, ven por primeira vez o vernes e vai dar un concerto nas terrazas do camping Gaivota”.

O concerto de Riobó será a partires das 23 horas. Celso Dourado agarda que “o tempo nos axude, e a todas aquelas persoas que realmente lles guste a música de raíz galega, a música para escoitar e disfrutar, eu invítoos a que veñan ver esta nova formación de Riobó. É impresionante, actuaron no festival de Pardiñas estes dias atrás acadando unha sona moi importante e creo que é unha formación que se vai manter no tempo”.

Dourado amosóuse sorprendido pola acollida que estes concertos están a ter na comarca, “é impresionante: cando foi a presentación de Doa sobrepasabamos as 250 persoas, no concerto de txalaparta, dos músicos vascos, achegámonos ás 200 persoas e neste último, que foi a sesion de jazz experimental que fixemos na terraza do Gaivota non collíamos, foi unha presentación fabulosa, houbo cantidade de xente que se quedou con pouca visibilidade do concerto porque había moito público. Son concertos gratuitos, o meu interés e difundir a boa música, a música experimental nesta comarca, non me guía outro interés, e espero que deixe pouso, que se vaian asentando e que nesta fermosa comarca haxa máis proxectos que aposten pola boa música de raíz galega”.

Exit mobile version