Site icon Crónica3.com A Mariña

Rutas de Os Sendeiros de Foz

Os Sendeiros de Foz fixemos o sábado 6 a primeira ruta cunha participación duns 35 camiñantes de distintos puntos de España que desfrutaron das panorámicas da ría de Foz dende punta Arnela.
A continuación seguimos o camiño ata A Espiñeira por Vilaronte para chegar a Foz por diante da capela de San Blas en Vilaxuane. O próximo sábado,13 faremos a ruta praias de Foz – A Granda – Foz co saída ás 9,30 da casa do concello. O mesmo sábado ás 10 da noite dende a figura a Xica no paseo de Tupide faremos a II Marcha Nocturna polo paseo de Malates, ao remate daremos aos participantes unha gran chocolatada e bizcoitos gratis. Hai que anotarse para participar.

Exit mobile version