Site icon Crónica3.com A Mariña

Suso Fernández pregoará a I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica en Foz

Nota de prensa

O PREGÓN DE SUSO FERNÁNDEZ ABRIRÁ  A I FESTA NORMADA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA O VINDEIRO VENRES ÁS OITO DA TARDE NO BISPO SANTO.

Foz, 20 de agosto de 2011. Foz ultima estes días os preparativos da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica que se celebrará os días 26 e 27 de agosto, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, o Concello e a Deputación de Lugo. Para o venres ás oito da tarde está previsto o pregón que pronunciará Suso Fernández, o cronista oficial de Foz, e a continuación haberá unha recreación teatral dirixida por Paco Piñeiro. Xa na vila cara á noitiña os que se acheguen a esta cita coa historia poderán disfrutar dunha selección de xogos normandos e de pasarrúas musicais. O sábado será o desembarco normando a partires das 13 horas e na praza do Conde Fontao haberá bodas vikingas desde as 18:30 ata as 20 horas. O programa da I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica tamén inclúe obradoiros de música, de armas e sistema de combate e incluso un espectáculo de humor.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, anima a veciños e visitantes “a botarse á rúa en Foz os días 26 e 27 de agosto para disfrutar da festa normanda. Todos os colectivos veciñais están moi implicados nesta cita e entre todos queremos que Foz, por unhas horas, retroceda no tempo”. Paleo subliña que “as ventas das vestimentas coas que se ataviarán os que participen na festa están a ir moi ben nos locais comeciais. De todos os xeitos os máis rezagados aínda están a tempo de facerse cos seus traxes. Tamén están á venta as monedas conmemorativas deste día ao prezo de cinco euros. O recaudado será un donativo para a organización da festa, polo que agradecemos toda a colaboración posible”. O responsable de Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz sinala que “en Foz será posible na mesma fin de semana vir darse un baño e un paseo polos nosos areais, xantar nos nosos bares e restaurantes e vivir a festa normanda ata que o corpo aguante”. Paleo lembra que, coincidindo con esta cita coa historia, tamén se celebrará a festa fo polbo o venres e o sábado vindeiros.

Exit mobile version