Site icon Crónica3.com A Mariña

Unanimidade en Barreiros para que o concello asuma as alegación dos veciños ao gasoduto

Nota de prensa:
O PLENO APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO ASUMA COMO PROPIAS AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLOS VECIÑOS DE BARREIROS AO TRAZADO DO GASODUCTO.

Barreiros, 19 de agosto de 2011. O pleno aprobou por unanimidade unha moción para que o Concello asuma como propias as alegacións presentadas polos veciños de Barreiros ao trazado do gasoducto. O alcalde, Alfonso Fuente, criticou o silencio do nacionalista Antonio Veiga e o discurso mantido polo BNG ao longo das últimas semanas.

O rexedor explicou que “no pleno de hoxe, pedido polo Bloque Nacionalista Galego e polo Partido Socialista, para falar sobre as alegacións ao gaseoducto informouse desde esta Alcaldía das alegacións que xa enviou o Concello. En reiteradas ocasións durante o pleno preguntéi si había algunha pega a estas alegacións ou si entendían que as alegacións enviadas polo Concello non defendían os intereses dos veciños e a resposta foi todo o contrario: que as alegacións xa contiñan esa defensa dos intereses dos veciños, así como se matizaban tamén as zonas de Rede Natura, zonas de viais de planeamento afectados, como tamén as zonas que están denunciadas para actividades mineiras”.

Fuente Parga sinalou que “a votación da moción foi unánime e o único que se recolleu foi que aquelas alegacións que presentaron os veciños individualmente, das que a día de hoxe, só hai tres no Concello, se van facer como propias e remitilas á área de Energía e Industria do ministerio”. O alcalde barreirense dixo que “na sesión tamén quedaba claro que se informara ben aos veciños decíndolles que o prazo para presentar alegacións remata o próximo día 22 de agosto e non o 16 como viña informando o Bloque. Ese e un tema do que tamén durante o pleno o Bloque Nacionalista Galego quería culparme a min como alcalde por non informar aos veciños”.

Ao rexedor chamóulle a atención “e así se lle facía saber, como era que neste pleno Ana Ermida, portavoz do BNG no Concello de Barreiros, era a que presentaba as alegacións e a moción cando o señor Antonio Veiga matiña un silencio que nos entendíamos que era porque non quería manifestar o que pasara na Deputación. Cando o Bloque Nacionalista Galego convocou a reunión en San Miguel de Reinante para informar aos veciños non se lles dixo que a Deputación Provincial xa tiña mandado as alegacións nese momento. E curiosamente hoxe se pedía que o trazado fose por dominio público, eu expliqueilles que por dominio público non podía ir pero sí por zonas de afección, que non é o mesmo. Non é o mesmo dominio público, servidume e afección, se lles informaba diso”

Alfonso Fuente recalcou que “curiosamente o proxecto chegou ao Concello o día 12 de xullo pero á Diputación chegou o 1 de xullo, co cal Antonio Veiga, como vicepresidente da Deputación, coñecía este proxecto como mínimo dez días antes do que se coñecía neste Concello. Polo tanto nos parecía moi demagóxico xuntar aos veciños para falarlles de que o alcalde non informara, precisamente por parte da persoa que dez días antes xa coñecía ese proxecto e que tamén, como se lle fixo saber no pleno, él aínda que sexa por moi poucos votos pero os votos que ten son dos veciños de Barreiros para representarnos na Deputación e para ser o vicepresidente da Diputación”. O alcalde considera que “Antonio Veiga tamén debe defender aos veciños de Barreiros igual que lle pide ao alcalde que o faga. Entón o que estás pedindo si ti tamén tes a responsabilidade de facelo tamén tiñas que telo feito, ou sexa que non lle pidas a outros o que ti non estás facendo”.

O rexedor refeíruse á participación dos veciños no pleno, “e o curioso foi que ao final, na votación, levantamos a man non só os concelleiros senón tamén os participantes no pleno. É decir que non houbo ningún problema, porque quedou constatado que as alegacións que enviara xa o Concello o día 12 de agosto xa contiñan todas aquelas reivindicacións e a defensa de todos os veciños de Barreiros”.

Exit mobile version