Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas tres mil persoas recabaron información na oficina de Ribadeo na primeira semana de agosto

Nota de prensa

PRETO DE 3.000 PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE RIBADEO DO 1 AO 7 DE AGOSTO, SEGUNDO OS DATOS QUE DABA A COÑECER HOXE O ALCALDE. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE AS COUSAS SE ESTÁN A FACER BEN NO ÁMBITO TURÍSTICO.

Ribadeo, 8 de agosto de 2011. Preto de 3.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Ribadeo nos sete primeiros días do mes de agosto. E milleiros de veciños e visitantes disfrutaron esta fin de semana da festa do percebe e da Xura a Santa Cruz. Para o alcalde, Fernando Suárez, todo esto indica que as cousas se están a facer ben tanto desde o sector privado como desde o Concello.

O rexedor dixo sentir “moita alegría e moita satisfacción por ver como se foron desvolvendo os diferentes eventos que houbo ao longo desta pasada fin de semana, como a festa do percebe, en Rinlo, ou a Xira a Santa Cruz. Tamén durante toda a semana o nivel de xente que nos veu visitar a Ribadeo foi enorme, de feito os datos que me acaban de pasar na oficina de turismo denotan precisamente eso. Un total de 2.951 persoas, do 1 ao 7 de agosto, foron pedir información, sendo os madrileños, os cataláns e os vascos, aparte lóxicamente dos galegos, as persoas dos territorios do estado que mais se están achegando ao noso concello de Ribadeo”.

Para Fernando Suárez “todo esto indica algo positivo, que desde o sector privado se están facendo moi ben as cousas. Sei de primeira man que moitos hoteis e hostais tiñan un nivel de ocupación altísimo durante estes días. Non podo falar por todos evidentemente, porque descoñezo todas as realidades, pero eu sei que Ribadeo estes días, como se di agora entre os máis novos, está petado de xente. Esto é positivo para a economía local, para este sector tan importante que temos, que é o sector servicios. Desde logo a todo esto axudaron os eventos que se fixeron durante a fin de semana: na festa do percebe de Rinlo foi unha maravilla ver a miles de persoas degustando esta exquisitez, nesta parroquia urbana tan fermosa que temos en Ribadeo, e tamén deu gusto ver todas as actividades e todo o nivel de participación onte da Xira de Santa Cruz”.

O alcalde sinalou que “en definitiva, Ribadeo é un sitio agradable para estar, é un sitio diverso para facer unha chea de cousas. E aí eu penso que debemos seguir actuando desde a iniciativa pública como estamos axudando aos diferentes eventos deste tipo, así como contribuir a facer un Ribadeo máis limpo, máis ordenado, con rutas de sendeirismo, para que os que veñan a visitarnos queden a gusto, volten e falen ben de nós”.

Suárez Barcia considera que “estes datos convidan ao optimismo, desde logo sin ser triunfalistas porque sempre queda moito por facer e sempre as cousas se poden facer moito mellor. Pero en todo caso tampouco é para fustigarse cada día, senón que o sector privado dos servicios, do comercio e da hostelería debe estar satisfeito por cómo, a pesares destas circunstancias económicas moi adversas que se están a dar e Ribadeo non pode ser alleo a eso, pero no que ten que ver co turismo estámolo levando con moita dignidade e moi ben

Exit mobile version