Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ interesase pola atención do alcalde aos veciños e a limpeza viaria

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside

Ante a limitación de rogos na última sesión plenaria e a imposibilidade de poder facer máis dos tres que xa fixemos na mesma.

Presentamos o seguintes ROGOS:

1.-Entendemos que a atención aos veciños/as ten que ser unha parte fundamental da comunicación e via de diálogo entre a administración local e os propios veciños, ao día de hoxe hai algún veciño que tardou preto dun mes para poder falar persoalmente con Vostede, por todo isto ROGASMOLLE, unha maior atención aos veciños/as para atender as súas preocupacións, e en todo caso unha mellor organización para que podan ser atendidos.

2.-A limpeza viaria, así como o coidado  e mantemento urbán de parques e xardíns, praias e fontes públicas, ten que ser unha prioiridade ao longo dos 365 días do ano, e de forma moi especial no verán, por ser esta época onde máis xente se concentra no noso pobo, así pois temos que ROGARLLE, tome as médidas oportunas para potenciar a deficitaria limpeza urbana e de praias, así como medidas para controlar a suciedade que xeneran o tránsito dos animais domésticos polas aceras.

Exit mobile version