Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide melloras no funcionamento do servizo de Axuda no Fogar e facer convocatoria pública de tres prazas para atender o servizo

Nota de Prensa

Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que os S. Sociais ten que ser un dos pilares básicos que o goberno municipal ten que potenciar dadas as dificultades das familias en este momento puntual no que nos encontramos.
UNIFOZ, considera que o Goberno Municipal ten que tomar médidas urxentes para dar unha resposta rápida na axuda necesaria para as familias con dificultades, algo que en estos momentos está totalmente esquecido.
A praza de E. Familiar, encontrase sen cubrir a baixa da titular a pesar de que o coste para o Concello é mínimo por ser unha baixa por maternidade, e por conseguinte sen ningunha atención as familias necesitadas.
No programa de axuda a domicilio, o Concello de Foz ten dúas persoas fixas e dúas temporais, dentro duns días so quedaran dúas persoas, por cesar as outras dúas por motivo de que foron prazas con axudas finalizadas.
A lista de espera é de preto de 50 persoas, e dentro de pouco duplicarase. Por todo isto presentamos a seguinte MOCIÓN, para que sexa debatida na seguinte sesión plenaria, e se tome o seguinte acordo:
Que a corporación Municipal inste ao Alcalde e ó goberno a mellorar o funcionamento do servizo de Axuda no Fogar e facer convocatoria pública de tres prazas para atender o mencionado servizo de Axuda no Fogar

Exit mobile version