Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta unha batería de tres iniciativas interesándose por asuntos varios ante a corporación

SR. ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:

Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercizo do dereito fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

Que segundo información dos veciños de Marzán na Rúa Avda de Viveiro a altura do número 75 procedeuse ao derruve dun pozo antigo que habia no lugar. E polo que
SOLICITA:
Consulta e copia da licencia municipal para a obra mencionada así como informe favorable correspondente de patrimonio da Xunta de Galicia.
——————–

SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :

EXPÓN:

Que os veciños/as de Marzán están a sufrir as consecuencias da paralización das obras proxectadas pola Deputación Provincial na Rúa do Vicedo, por problemas de permisos e autorizacións administrativas doutras administracións Por todo isto presentamos a seguinte MOCIÓN, para que sexa debatida na seguinte sesión plenaria, e a Corporación Municipal tome o seguinte acordo:

Solicitar á Xunta de Galicia se tomen as medidas oportunas para o remate das obras mencionadas.na rúa Avda do Vicedo, ata a rúa colindante ao paseo marítimo Rapadoira -Llas
Jaime Cancio Rodríguez
————————————-

SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :

EXPÓN:

Que como seguro coñece toda a Corporación Municipal na parroquia de Cangas e máis concretamente no cruce da N 642 coa Crta LU 152 Cagas–Ferreira xurden continuos accidentes de tráfico pola deficiencias do mesmo.

Que dende fai anos os veciños en xeral e de Cangas en particular están a reclamar se tomen médidas para correxir esta situación.

Que polo anterior equipo de goberno fixeronse declaracións públicas de que había un proxecto técnico non que se recollían as melloras necesarías, si ben ao día de hoxe podemos ver que a situación segue de igual xeito, e cun goteo constante de accidentes na zona. Por todo isto presentamos a seguinte MOCIÓN, para que sexa debatida na seguinte sesión plenaria, e a Corporación Municipal tome o seguinte acordo:

Solicitar ao Ministerio de Fomento remita o proxecto técnico redactado a esta Corporación para dar información aos veciños, ao mesmo tempo se comtemple unha partida presupostaría para executar a obra para o ano 2012..
Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ

Exit mobile version