Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Fazouro denuncian o abandono da area recreativa e parque infantil da Ponte Vella

Nota de prensa

Queixa dos veciños de Fazouro do concello de Foz.

2/08/2011

Os veciños de Fazouro, no Concello de Foz, queremos denunciar o estado de abandono no que se atopa a area recreativa e parque infantil que esta o carón da Ponte Vella na nosa parroquia. Resulta indignante que precisamente agora que gozamos do bo tempo necesario para poder utilizar esta area recreativa, tanto os veciños coma os visitantes, e os nenos e nenas poden disfrutar do parque infantil, esta zona presente o estado de abandono que reflicte a fotografía. Recentemente e tras unha denuncia veciñal,  procedeuse a roza e adecentamento da Obra Pía de Fazouro, esperabamos que tamén que se dese orde de adecentar, poñendo apta para o seu uso, esta area recreativa que esta próxima a Obra Pía, pero visto que pasan os días e non se leven a cabo estes traballos, tomamos a decisión de facer pública a nosa denuncia e preguntámonos, ¿si agora é necesario, para que se realice un traballo de mantemento nunha zona do rural de Foz, teña que existir primeiro unha denuncia? ¿Ou será que o Sr Alcalde de Foz non coñece as zonas recreativas do Concello?

Veciños da Ponte Vella, Fazouro.

Exit mobile version