Site icon Crónica3.com A Mariña

Vinte rapaces participaron no programa de Educación Familiar do concello de Ribadeo

Nota de prensa:
UNHA VEINTENA DE RAPACES PARTICIPARON NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR DO CONCELLO DE RIBADEO. HOXE REALIZAN UN PERCORRIDO POLA RÍA E MAÑÁ TERÁN UNHA PEQUENA FESTA DE DESPEDIDA.

Ribadeo, 25 de agosto de 2011. Conclúen as actividades do Programa de Educación Familiar do Concello de Ribadeo no que estiveron a participar 18 nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos. Ademáis de rapaces galegos tamén asistiron nenos/as do Brasil, Perú, Venezuela, Portugal, Colombia e Chile.

Segundo explicou a concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, “as actividades realizáronse nas aulas cedidas pola Escola de Idiomas de Ribadeo. E este ano contouse ademais cunha voluntaria”. A edil nacionalista sinalou que “se trata dun apoio escolar nos meses de verán para os/as nenos/as incluídos no programa, adaptados dentro do posible ás suas idades. Para os máis pequenos céntrase fundamentalmente na lecto-escritura, repaso das operaciones básicas de matemáticas e comprensión lectora; para todos/as os maiores, case todos teñen tarefas para o verán e tratase de axudalos o máis posible. Apórtase material adaptado a cada un deles, e realízanse traballos xerais para unha ampliación de coñecementos, procúrase ademais facelo de forma lúdica”. Os nenos participaron tamén en xogos populares e educativos.

A responsable de Saúde e Servizos Sociais dixo que “o obxectivo principal é a participación dos pequenos e a responsabilidade dos pais de que éstes asistan, dado que malia ser un período vacacional as obrigas familiares (e académicas en moitos casos) continúan”.

Hoxe como peche deste curso de verán os nenos, as nenas e a educadora familiar Fiamma Prada Lens, acompañada dalgunha nai, realizarán un percorrido en barca pola ría e visitarán o centro de cultivos mariños. Será a partires das 11:00 horas. Mañá venres ademais organizarán unha pequena festa de despedida.

Exit mobile version