Site icon Crónica3.com A Mariña

Xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan as avaliacións médicas no Centro Clínico de Ribadeo

Nota de prensa:
AVALIACIÓNS MÉDICAS NO CENTRO CLÍNICO RIBADEO

Os xogadores e xogadoras do CD Burela FS completan estes días as exploracións médicas, comprobando a saúde dos seus corazóns, de cara ao inicio da competición, no Centro Clínico Ribadeo. Pola consulta do cardiólogo José Emiliano Cascallana pasarán os cadros laranxas sénior, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma.

O Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) abriu as súas portas en 2009 coas especialidades de medicina xeral, cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía, odontoloxía e cirurxía maxilofacial, oftalmoloxía, podoloxía, psicoloxía, enfermería, fisioterapia e osteopatía. A clínica tamén ofrece servizos de xinecoloxía, depilación con láser médico, pediatría, psiquiatría, radioloxía xeral, mamografías, radioloxía dental e teleradiografía, ecografías, electrocardiogramas, audiometrías, espirometrías e análises clínicas.

Exit mobile version