Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e Cehosga acordaron en Viveiro investir 350 mil euros en promocionar a comunidade galega

350.000 euros para desenvolver as actuacións de divulgación turístic

REFERENCIA

Roberto Varela asegura que o convenio asinado con CEHOSGA “persegue a colaboración para a promoción de Galicia como destino único”

O conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente de CEHOSGA asinaron esta mañá en Viveiro un convenio de colaboración para promoción turística da comunidade galega. Roberto Varela salientou a “magnífica colaboración” existente entre ambas institucións, que vén a “reforzar o labor que estamos a facer na promoción turística a través da Marca Galicia”. Asemade, o conselleiro lembrou a investimento de “350.000 euros para desenvolver as actuacións de divulgación turística”

Para a consecución deste obxectivo, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo desenvolverá unha serie de actuacións de promoción de Galicia centradas na creación de soportes de apoio, a desestacionalización da demanda turística e a capacitación aos empresarios de hostalería

O obxecto do convenio de colaboración comprende actuacións de divulgación turística da Comunidade Autónoma de Galicia en xeral e das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en particular

*
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na firma do o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Cehosga

Viveiro (Lugo), 2 de agosto de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou esta mañá en Viveiro o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA), para a promoción turística da comunidade galega. O conselleiro asegurou que o acordo firmado “persigue a colaboración para a promoción de Galicia como destino único, tanto a nivel autonómico como en cada unha das catro provincias, a través de diversas publicacións, planos, guías ou a incorporación de novas tecnoloxías.” O acto contou coa participación asemade da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo e o presidente de CEHOSGA e presidente da Asociación Provincial de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete entre outras autoridades.

Segundo informou o titular de Cultura e Turismo, este convenio “responde ao obxectivo de establecer unha cooperación frutífera entre a administración turística e o empresariado do sector para a dinamización e o progreso dun dos motores da economía de Galicia”. Roberto Varela salientou a “magnífica colaboración” existente entre a Consellería de Cultura e Turismo e CEHOSGA, que vén a “reforzar o labor que estamos a facer na promoción turística a través da Marca Galicia”.

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou que o acordo con CEHOSGA posibilitará “facilitar a comunicación dos produtos turísticos, fomentar a desestacionalización e a sustentabilidade e mellorar a capacitación dos empresarios e traballadores do sector para ofrecer un produto de calidade”. Roberto Varela lembrou a investimento do seu departamento de “350.000 euros para desenvolver as actuacións de divulgación turística” recollidas no texto do convenio.

Actuacións de divulgación turística
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo desenvolverá unha serie de actuacións de promoción de Galicia centradas na creación de soportes de apoio á comercialización que faciliten a comunicación dos produtos definidos; a desestacionalización da demanda turística, fomentando as visitas fóra dos meses estivais a través da potenciación dos recursos turísticos e a capacitación aos empresarios de hostalería para ofrecer un produto turístico cuns servizos de calidade, ofrecéndolle un valor engadido ao cliente. Os obxectivos destas actuacións, entre outros, son favorecer o coñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como destino turístico de calidade, favorecer a sostenibilidade, a desestacionalización, e o reforzamento da súa marca de xeito que se acade unha vantaxe competitiva fronte a outros destinos turísticos.

O obxecto do convenio de colaboración comprende actuacións de divulgación turística da Comunidade Autónoma de Galicia en xeral e actuacións de divulgación turística das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en particular. Neste punto destaca a edición de Veogalicia e Manual do Hostaleiro. Veogalicia é unha publicación que nace coa vocación de dar a coñecer os destinos turísticos que Galicia pode ofrecer, reinventando o concepto de coñecer Galicia a través das súas páxinas nun soporte de calidade, dedicándolle un número a cada destino. Por outra banda, a través do Manual do Hostaleiro preténdese recopilar as materias e lexislación que un establecemento hostaleiro debe cumprir segundo a normativa vixente. Con esta iniciativa preténdese axudar aos hostaleiros na súa preocupación por cumprir coa legalidade e mellorar a calidade do seu establecemento.

As actuacións de divulgación turística das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra serán as seguintes:

– A Coruña:

1. Área de Compostela.
– Deseño, composición e maquetación dun plan actualizado en edición trilingüe (galego, castelán e inglés) de Santiago de Compostela, que inclúa a Cidade da Cultura e outros novos espazos da cidade, así como una especial mención ao 800 aniversario da Catedral.

– Deseño, maquetación e composición dunha guía de recursos turísticos de Santiago de Compostela e Comarca actualizada e en edición trilingüe.

2. Área da cidade da Coruña e Costa da Morte.
– Elaboración de planos da cidade da Coruña, área metropolitana e Costa da Morte, recollendo a oferta hoteleira de tódalas categorías das diferentes zonas para a súa distribución en Feiras Internacionais, hoteis, estacións de ferrocarrís, aeroportos e puntos de información turística.

3. Área da cidade de Ferrol:
-FerrolVales Gastronómicos de Menú Como na Casa.
A promoción consiste na creación duns FerrolVales gastronómicos de Menú Como na casa a degustar nos establecementos de restauración de Ferrol e comarcas, formados por un menú do día pechado baseado na comida caseira de xeito que a experiencia de comer fóra sexa tan boa como cando se come na propia casa.

-Ruta do Café: FerrolVale Cafeteiro.
A promoción consiste na creación dun FerrolVale cafeteiro con distintas casas que os clientes dos establecementos de hostalería deberán selar cada vez que tomen un café nos establecementos adheridos á promoción, de maneira que complete a Ruta do café establecida. Unha vez completada a ruta, cun selo por cada un dos establecementos participantes, o carné estará totalmente cuberto e os clientes terán dereito a un almorzo gratis (café, zume e doce de almorzo) nun establecemento a escoller de entre os adheridos á promoción.

-FerrolValeDoces.

A promoción consiste na creación de dous itinerarios de doces típicos de cada establecemento participante, que se porán á venda cun prezo pechado e se poderán adquirir nos propios establecementos de pastelería e panadería de Ferrol e comarcas. A través do Itinerario Ferrol Lambón poderá facer unha degustación dos doces típicos das pastelerías e panaderías de Ferrol e comarcas, a un prezo previamente fixado cos participantes na promoción. Este itinerario poderase ver detallados nun plano de Ferrol e comarcas que estará a disposición dos usuarios.

– Ourense:

Material promocional de Ourense Termal: insercións publicitarias, elaboración de folletos, trípticos, catálogo tanto impreso como audiovisual. O material promocional, realizado tamén en inglés, incluirá aos balnearios coas súas ofertas para a tempada de outubro a abril e a súa distribución farase en feiras e eventos turísticos. Dinamizar e promocionar o sector termal na provincia de Ourense na tempada baixa é prioritario.

– Pontevedra:

– IV Mostra Gastronómica de Pontevedra.
Cociña Mariñeira. A Guarda. A IV Mostra Gastronómica consistirá en ofrecer ao público a posibilidade de visitar os establecementos de hostalería da localidade de A Guarda participantes e animar a probar pratos autóctonos da zona e tempada a todos aqueles que se achegen. O obxectivo é captar a atención do público en xeral e convidalos a que coñezan una forma distinta de gozar da gastronomía elaborada na localidade. Elaborarase un plan de marketing que contemplará as seguintes acción promocionais: presentación da mostra e inicio das accións promocionais, campaña co slogan.

– Novas tecnoloxías para a promoción do Turismo en Pontevedra: realidade aumentada.
Nesta campaña organízanse en varios puntos de España e Portugal xornadas técnicas-workshops nas que se dan a coñecer a variedade de opcións e destinos turísticos que ofrece esta zona da provincia de Pontevedra. Para poder obter una vantaxe competitiva fronte a outros destinos turísticos é necesario desenvolver novas ferramentas de marketing cun gran potencial de impacto sobre o usuario.

-Accións a desenvolver:
Deseño, edición e programación dun Mapa Xeolocalizador. Asociado a este publícase unha capa de Realidade Aumentada cos mesmos contidos e que ademais inclúe a posibilidade de realizar visitas Virtuais 360º de cada una das empresas asociadas á Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra.

Mapa Xeolocalizador, mediante un click accédese á ficha de contacto de cada unha das empresas. Inclúense datos de contacto, xeolocalización desenvolvida e visita virtual 360º.

Realidade Aumentada, pódese acceder á capa dende calquera terminal móbil nun radio igual ou maior ao da provincia de Pontevedra e tamén dende o norte de Portugal. Mediante tecnoloxía GPS accédese á totalidade de información que contén o mapa xeolocalizador antes presentado. Inclúe a posibilidade de chamar directamente, ademais de seleccionar a mellor ruta de viaxes, mapa rueiro e de estradas incluídos.

Panoramas 360º, pódese acceder á visita virtual da empresa seleccionada dende o mapa xeolocalizador e dende o terminal móbil. Ademais entrégase en formato cd e inclúese unha guía cos pasos necesarios para integrar o panorama en webs, blogs ou redes sociais.

– Lugo:

-Anuario-guía ‘E para comer Lugo’.
Publicación anual en tres idiomas para a divulgación das riquezas da provincia de Lugo en todos os eidos, cultural, natural, patrimonial e, por suposto, gastronómico.

A edición do ano 2011 fará fincapé no concepto desestacionalización, ofrecendo suxerencias para distintas épocas do ano nas diferentes comarcas da provincia de Lugo: rutas, festas, riqueza patrimonial e gastronómica. Trátase de subliñar que a provincia ofrece una gran variedade de atractivos para todo o ano, distintos segundo a época da que se trate. A súa distribución farase nas oficinas de turismo galegas e das capitais da provincia do resto do Estado, a maioristas e operadores turísticos do estado, nas feiras de Turismo de Lisboa, Hostelmas, Fitur, Valladolid, Bilbao ou Valencia, e en locais rexentados por lucenses en capitais españolas e estranxeiras.

Exit mobile version