Nota de Prensa
VINTEDOUS LOCAIS PARTICIPAN DESDE MAÑÁ NA PRIMEIRA FESTA DA NÉCORA QUE SE CELEBRA EN FOZ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.
A directiva de ACIA Foz destacou hoxe que “o que tentamos é exaltar os produtos que se capturan o se pescan nesta zona”. Un total de 22 establecementos hosteleiros servirán nécoras mañá e tamén o sábado, día 1 de outubro. Na maior parte dos casos ofreceránse cocidas, pero os que se acheguen a Foz estes días tamén as poderán degustar á prancha e en arroz. O precio da unidade será de tres euros.
A primeira festa da nécora está organizada por ACIA Foz, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación de Lugo, a Cofraría de Pescadores, o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo de Pesca.
Os locais nos que se poderán degustar as nécoras son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Anduriña, Xoyma, O Rincón de Anita, cervexería Fina, Portovello, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Náutico, o Fogar do Pelolo, pizzería Xoiña, As Brasas, Dandy, O Tangarte Mariñeiro, Portochico e O Lar.
ACIA Foz anima “a vir disfrutar da festa da nécora á nosa vila. É un bó momento para degustar o marisco que capturan os nosos barcos e para dar unha volta pola comarca e por Foz”.