A asociación Mujeres de San Ciprián renova a directiva que agora preside Amparo Pernas. Iniciarán o curso 2011-2012 con unha charla o día 1 de outubro ás 19:00 horas, na Casa do Mar a cargo de Reyes Quelle, terapeuta ocupacional, que tratará sobre o Alzheimer. Está convocada unha asemblea para o día 02 de outubro, ás 19:00 horas, tamén na Casa do Mar, para tratar temas relacionados coa asociación, entre eles, os cursos que se van a levar a cabo: ioga, pintura, bolillos, bordado, informática, cociña saudable, ximnasia de mantemento, campionatos de tute e parchís, certame de poesía, posibles excursións…