Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CEMIT de Lugo acollerá un curso relacionado coa creación de videoxogos

Nota de prensa:
A AULA CEMIT DE LUGO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UN CURSO PARA COÑECER TODO O RELACIONADO COA CREACIÓN DE VIDEOXOGOS

A actividade forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)
O programa inclúe de aquí a decembro dous cursos máis relacionados co sector multimedia e audiovisual no que aínda quedan prazas dispoñibles
Os interesados nestes cursos gratuítos poden inscribirse no 902 222 321, ou a través da web, www.cmg.xunta.es
A Rede CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso igualitario da cidadanía á formación dixital

Santiago, 24 de setembro de 2011.- A aula de Lugo da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) acollerán a partir deste luns, 26 de setembro, un curso gratuíto sobre Creación de videoxogos a través do cal o alumnado coñecerá os segredos que rodean a este sector en Galicia. O curso forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia.

A actividade combina clases on-line e presenciais na aula CeMIT de Lugo, ubicada no Centro Social Lamas de Prado. Así, durante os catro días de duración da mesma, emitirase na aula un capítulo do vídeo documental realizado para a ocasión cos contidos do curso seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (titorización) polo técnico experto a través de videoconferencia dende o Centro Multimedia de Galicia.

O Programa de Formación Multimedia e Audiovisual 2011 da Rede CeMIT inclúe ademáis un curso sobre creación de webs para móbiles e outro relacionado coas técnicas de streaming de audio e vídeo que se desenvolverán de aquí a decembro e no que aínda hai prazas dispoñibles. Os interesados poden inscribirse nestas actividades gratuítas no 902 222 321, ou a través da web, www.cmg.xunta.es.

A Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) a través do cal se están a impartir durante este ano en 89 concellos galegos máis de mil cursos gratuítos cunha asistencia estimada de 10.000 alumnos.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT estanse a desenvolver campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilitará o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

Exit mobile version