Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula Cemit do concello de Burela comezará a impartir 2 cursos de alfabetización dixital

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 26 AO 30 DE SETEMBRO

Burela, 23 de setembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2 cursos na vindeira semana.
O día 26 de setembro iniciarase o curso “Alfabetización dixital: Redes Sociais” co que se amosará o funcionamento das Redes Sociais da Internet. Este curso rematará o 6 de outubro e o seu horario será de 19 a 20 horas.
O 27 de setembro comezará o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico webmail” co que se amosará a crear unha conta de correo electrónico e a enviar e recibir correos. Dito curso rematará o día 4 de outubro e o seu horario será de 11 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version