Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula da Rede CeMIT de Burela iniciará 3 cursos de alfabetización dixital a vindeira semana

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 3 CURSOS DE
ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 5 AO 11 DE SETEMBRO
Burela, 2 de setembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e
Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 3
cursos na vindeira semana.
Nesta semana, iniciaranse 2 cursos de “Alfabetización dixital: Redes sociais”. Con
estos 2 cursos se amosará o que son e para que serven as distintas redes sociais
da Internet.
O primeiro deles comezará o día 5 e rematará o día 15 de setembro. O seu
horario será de 16 a 17:30 horas.
O segundo iniciarase o día 7 e finalizará o día 16, impartirase en horario de 11 a
12:30 horas.
Por último, o vindeiro día 7 de setembro, tamén comezará a impartirse o curso
“Alfabetización dixital: Correo electrónico webmail”. Con este curso amosarase a
crear unha conta de correo electrónico e a enviar e recibir correos. O curso
finalizará o día 20 e o seu horario será de 19 a 20 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para
promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo
potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica,
empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden
dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da
páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo

Exit mobile version