Site icon Crónica3.com A Mariña

A ADL de Burela informa das axudas do Instituto Enerxético para a reducir o consumo de enerxía

Nota de prensa

A AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE BURELA INFORMA DAS AXUDAS PUBLICADAS NO DOG DE ONTE POLO INEGA. ESTÁN DIRIXIDAS A REDUCIR O CONSUMO DE ENERXÍA NOS FOGARES.

Burela, 23 de setembro de 2011. A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Burela informa das axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia do xoves 22 de setembro, polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), dirixidas a reducir o consumo de enerxía no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior.

Segundo informan desde a Concellería de Economía e Industria “a subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico”. Para máis información, aquelas persoas interesadas poderán dirixirse á oficina da Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) ubicada nas dependencias municipais do propio Concello de Burela.

Exit mobile version