Site icon Crónica3.com A Mariña

A balea que quedou varada na praia do Coto de Barreiros foi devolta ao mar

Nota de prensa:

ESTE MEDIODÍA FOI DEVOLTA AO MAR A BALEA QUE QUEDOU VARADA NA PRAIA DE COTO EN BARREIROS.

Barreiros, 23 de setembro de 2011. Ás 14:45 horas era devolta ao mar a balea de 12 metros de longo que nas últimas horas quedou varada na praia de Coto en Barreiros.

Segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente Parga, “o aviso déuno ás 9:30 da mañá un cidadá alemán que paseaba pola zona. Desde entón foron varios os efectivos que se puxeron en marcha para devolver a esta cría de balea ao mar”. Nas tarefas participaron membros de Protección Civil de Barreiros, dous surfistas que se atopaban na zona, unha moto acuática e unha embarcación de Salvamento Marítimo.

“Este roncualo común presentaba dúas mordeduras na aleta traseira. Unha experta que viaxaba desde o País Vasco ata Vigo, foi avisada e parou aquí para ver á balea, fotografíala e comprobar como se atopaba, explicóunos que estes animais teñen un período de lactancia moi longo, debéuse perder da manada, e díxonos que ten moi poucas probabilidades de seguir con vida se non atopa á súa nai. Será moi difícil que subsista”, seguiu a relatar o rexedor.

Fuente Parga dixo que “impresiona ver como un animal desas características estivo durante horas loitando contra a morte”.

Foron moitos os curiosos que durante toda a mañá se achegaron ata a praia de Coto para ver á balea e para presenciar cómo era devolta ao mar este mediodía.

Exit mobile version