Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión en Defensa da Sanidade reprocha ao alcalde de Foz que se poña contra os veciños e defenda a Xunta

Nota de prensa r

Foz a 10 de Agosto de 2011

A COMISION FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA reunida de urxencia para valoras o pleno municipal do xoves día 8 e a concentración de hoxe, quere facer publica a seguinte NOTA DE PRENSA:

Agradecer os partidos da oposición a presentación e apoio da moción na cal se pedía o mantemento da ambulancia e do médico de urxencias de por as tardes no centro de saúde de Foz.

O motivo da presenza dos membros da Comisión no pleno, así como o do posterior encerro levado a cabo durante unhas horas, era o de apoio a moción presentada e tamén o de solicitarlle o Alcalde que nos xestionase unha entrevista co Conselleira de Sanidade.

Apoiamos tamén a manifestación levada a cabo na maña de hoxe e agradecemos a súa presenza os veciños que asistiron.

Tamén queremos apoiar o escrito feito publico nestas datas por os membros do 061.

Lamentamos a falta de apoio por parte do PP de Foz co seu alcalde o fronte, a moción presentada, así como a manifestación.

Respecto as declaracións do alcalde nas que manifesta que o tempo de resposta vai ser o mesmo, que fai 13 meses non tiñamos ambulancia medicalizada e que non nos queixabamos, de  que estamos nunha importante crise e que se recorta por ser un recurso ocioso e que apenas teñen saídas, e de que somos uns privilexiados, queremos dicir o seguinte:
Non se pode defender o indefendible e por moitas veces que se repita unha mentira nunca será verdade.
A realidade e que ata o día de hoxe A Mariña na quenda de noite ten 5 ambulancias do 061 e unha ambulancia medicalizada, e a partir de hoxe vai ter 4  ambulancias do 061 e unha ambulancia medicalizada. As matemáticas non fallan, no quenda de noite A Mariña perde o 20% do servizo.
Esta perda e mais significativa en Foz, Barreiros e o Valadouro o ser a ambulancia de Foz a en principio encargada do transporte dos pacientes destes Concellos.
O tempo de resposta non pode ser o mesmo. Unha urxencia na Avenida da Mariña de Foz, en Vilaxoane ou mesmo en Marzán, non pode ser atendida no mesmo tempo por unha ambulancia saída de Foz que por outra saída de Burela, Mondoñedo ou Ribadeo, aínda que esta última a pilote Fernando Alonso e a saída de Foz calquera de nos.
Con respecto a que fai 13 meses non tiñamos ambulancia medicalizada e non nos queixabamos, temos que dicir que fai 100 anos non tiñamos ningunha e tampouco nos queixabamos.
Con respecto a que se ten que recortar por a crise que aprenda de outros Alcaldes da zona, pois hoxe no mesmo día en que se retira a ambulancia de noite de Foz, anuncian a solicitude de unha mariña seca para San Ciprian.

Acúsannos de que estamos politizados. Non e unha novidade. Xa na lexislatura anterior outros nos tacharon do mesmo. Según as nosas reclamacións coincidan ou non cos súas, ou uns ou outros non tratan de desacreditar tratándonos de politizados, aínda que no tema das urxencias médicas somos os únicos que non cambiamos de parecer. Neste tema poderiamos preguntarlle o alcalde .Como se lle chama a un alcalde que cobra dos veciños de Foz e defende a política da Consellería de Sanidade en contra dos intereses dos veciños que lle pagan? Que lle poña el o nome, nos xa o sabemos.

O próximo luns teremos unha xuntanza para responder unha por unha as declaracións e acusacións do alcalde, cuxo proceder neste tema parécenos decepciónante e lamentable. Nesa reunión tamén decidiremos cal vai ser o próximo calendario de actuacións.

Fdo: COMISION FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

Exit mobile version