Site icon Crónica3.com A Mariña

As concelleiras de Médio Rural e de Cultura de Lourenzá presentaron o XV Concurso fotográfico da Festa da Faba

Nota de prensa

Delegación de Medio Rural

Para o que remata o prazo de presentación de fotografías o 20 de setembro do 2011

O CONCELLO DE LOURENZA PRESENTA O “XV CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA”

* Como en edicións anteriores premiaránse dúas series, Temática Libre Lourenzá e Temática Libre

* A organización pide disculpas aos participantes por non haber presentado antes este concurso

Lourenzá, 2 de Setembro do 2011.- A Concelleira de Médio Rural de Lourenzá, Emma Alvarez, Concelleira delegada da organización da XXI FESTA DA FABA, presentou na mañá de hoxe, xunto a Edil de Cultura Lupe Flórez o XV Concurso fotográfico Festa da Faba, concurso que chega a Décimo Quinta edición convocándose paralelo a Festa da Faba de forma continuada durante os útlimos 15 anos.

Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 fotografías e un mínimo de 4 que deben ser inéditas, podendo ser estas en b/n ou cor cunhas medidas comprendidas entre un tamaño mínimo de 20 x25 cm e máximo de 30 x 40 cm debendo acreditar por escrito a propiedade intelectual das mesmas.

Según explicou a Concelleira, as obras poderán ser presentadas no CONCELLO DE LOURENZÁ, Praza do Conde Santo, s/n rematándo o prazo de presentación o 20/09/2011.

Como en edicións anteriores premiaránse dúas series de fotografías:

* Temática Libre Lourenzá – Categoría A: estará formada por unha serie de fotorgrafías donde todas elas deben ser representativas, recoñecibles, distintivas e identificativos do Concello de Lourenzá, o premio é de 500 €
* Temática Libre – Categoría B: serie fotográfica baixo un mesmo tema pero sin restricción, o premio é de 200 €

A concelleira delegada da Organización da XXI Festa da Faba quixo pedir disculpas aos participantes neste concurso polo retraso con que saíu a convocatoria nesta Edición, aínda contamos que o éxito está aseguro xa que foron moitas as persoas que se interesaron perante o concello por este Concurso que xa está instaurado nos círculos fotográficos.

Exit mobile version