A DELEGACIÓN DE DEPORTES PRETENDE CREAR UNHA LIGA DE FÚTBOL SALA LOCAL
Cervo, 22 de setembro de 2011.- A delegación de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe o popular José Ramón Soto, ten a intención de crear unha liga de fútbol-sala local non federada.
Os encontros desta liga desenvolveranse no pavillón municipal da Veiga e a competición será en sistema de dobre volta. Os partidos disputaranse durante un día á la semana (aínda por determinar), en horarios de tarde-noite.
Iniciarase cun mínimo de 8 equipos, formado cada un deles cun máximo de 15 xogadores. A liga será “SENIOR” podendo participar xogadores maiores de 16 años. A competición rexerase polas normas que se establecen no regulamento nacional de fútbol-sala federado.
Para calquera tipo de información adicional ou inscrición os interesados poden chamar ao número de teléfono 605790091 (Raúl) onde se lles atenderá.