Site icon Crónica3.com A Mariña

A dereita proletaria


A DEREITA PROLETARIA

Para min “dereita” é un sinónimo de todos aqueles sectores sociais reaccionarios que se opuxeron sempre a calquera cambio, a calquera progreso, porque conservando o status quo de cada momento íalles ben. Nese senso, se en cada tempo histórico a súa posición saíse triunfadora, non seriamos sequera Oliver Twist, senón que aínda formariamos parte dunha sociedade escravista como a da antiga Grecia ou Roma.

Recentemente, do XIX en diante, os propietarios descubriron que un modo de gañar diñeiro era que os pobres puidesen comprar zapatos. Hoxe compramos DVDs e utilitarios. A sociedade de consumo segue beneficiando, máis que a ninguén, a quen máis teñen, que non son os asalariados por moi alto salario que teñan, senón os grandes empresarios.

Eu non falo de loita obreira neste contexto porque non creo que os avances sociais se deban só a isto, que ten un alto compoñente mítico. Pero nunca aceptarei que os progresos sociais se deban á benevolencia do capitalismo occidental, que, se algunha característica ten é a súa inmisericordia. Non é o capitalismo quen dá cobertura social, dereitos políticos, subsidios de desemprego, asistencia sanitaria ou educación pública gratuíta. Non é o capitalismo: son os esforzos de grupos sociais e políticos progresistas que, derramando sangue (xeralmente e de modo especial a súa) durante décadas, lograron arrincar á besta algúns compromisos correctores. Poucos aínda e tal como vamos a punto de finarse.

A isto pódeselle chamar loita obreira, se queres, pero isto non significa que os da estada ou a fábrica sexan guías do cambio. foron motor do cambio, que é distinto. E a isto refírome, implicitamente, coa entrada anterior. A que a batalla está perdida se os traballadores deciden apoiar politicamente aos que defenden de modo vergonzante o apoio aos que teñen máis. Unha redución de impostos non beneficia especialmente a quen paga un 12% do seu sueldito, pero perde con iso coberturas sociais que necesita. Beneficia a quen paga máis, moito máis. Un sector público máis pequeno beneficia a quen máis ten, que non necesita a axuda do Estado e en cambio atoparíase na tesitura de ter que pagar impostos para axudar a outros.

O PP cos parados e a redución de impostos, a un tempo, perennemente na boca é unha paradoxa para min hipócrita e risible. En fin, que subsidios habería se as políticas anheladas polo capital puidéronse implementar en toda a súa extensión e sen compromiso algún do XIX en diante.

Otero Regal.

Exit mobile version