Site icon Crónica3.com A Mariña

A directiva da ACIA de Foz convoca os socios para tratar sobre novas campañas

Nota de prensa

A DIRECTIVA DE ACIA FOZ CONVOCA AO COMERCIO A UNHA XUNTANZA PARA ANALIZAR E PREPARAR AS CAMPAÑAS QUE SE REALIZARÁN ATA FINAIS DO PRESENTE ANO. SERÁ O VINDEIRO LUNS, 3 DE OUTUBRO.
Foz, 30 de setembro de 2011. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz convoca ao comercio a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro luns, 3 de outubro, ás 21 horas no hotel Leytón. Os asuntos que se abordarán serán, entre outros, as diversas campañas que se están a preparar ata finais de ano como por exemplo, o campañazo do bingo ou o nadal.
Además ACIA Foz tamén está a traballar na potenciación da súa tarxeta de fidelización O comercio fai pobo, compra na túa vila. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos estudia a colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación para posta en marcha dunha iniciativa encamiñada a potenciar a gastronomía e o patrimonio cultural de Foz durante as fins de semana.
Segundo explica José Carlos Paleo, “trátase de aproveitar as festas gastronómicas que organizamos para que os hoteis fagan paquetes turísticos e así posibilitar que a xente se achegue a Foz a disfrutar da súa gastronomía e do seu patrimonio acudindo, por exemplo, a San Martiño, ou visitando outras zonas da comarca da Mariña”. Paleo engade que “o que pretendemos é ofrecer alternativas interesantes para recibir turismo durante as fins de semana que consideramos temporada baixa, é decir todas as que non coinciden con pontes durante o outono e o inverno”.

Exit mobile version