Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Xove inicia o curso cun concerto

Nota de prensa

CONCERTO DE MUSICA NO CEIP PEDRO  CASELLES ROLLAN

A Escola Municipal de Música de Xove comeza a súa andaina neste novo curso e faino cun Concerto no CEIP Pedro Caselles Rollán. No mesmo, 4 profesores da Escola van interpretar, diante dos 187 alumnos/as do Colexio, pezas musicais pertencentes a bandas sonoras de películas de Disney, entre elas “El Libro de la Selva”, “La Sirenita”, “Mary Poppins”, “Chitty Chitty Bang Bang”, etc.. Trátase dun concerto didáctico para achegar a música aos nenos.
Ata finais deste mes está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música, e neste sentido o concerto vai servir tamén como promoción e recordatorio para aqueles nenos/as que queiran inscribirse na Escola e inda non o fixeron.
O Concerto vai desenvolverse mañá, martes 27 de setembro, a partires das 10:00 horas no Ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán, tal como dixemos, diante de tódolos alumnos/as e profesores do Colexio.

Exit mobile version