Nota de prensa
PRESENTACIÓN DA XXI FESTA DA FABA DE LOURENZÁ
ESTA DA FABA DE LOURENZÁ
Novidades e sorpresas nunha das feiras máis importantes de Galicia
Hoxe, Centro de Interpretación da Faba, ás 12 horas, presentouse a XXI da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego.
A inauguración oficial correrá a cargo de Excm. Sr. D. Alfonso Rueda Valenzuela.
Pola súa banda, a concelleira destacou o papel fundamental dos Fabeiros-Productores, peza clave deste fin de semana lúdico. Esta edición 9 Casetas de fabeiros estarán ubicadas no Cantón, onde venderán as fabas envasadas en sacos de 1 kg; o mercado ao por maior é de Faba a granel realizase o próximo domingo á mañá.
“Homenaxe póstuma Fco. Fernández Del Riego”
Nesta edición queren rendirlle unha homenaxe póstuma a Fco. Fdez Del Riego, Fillo Predilecto de Lourenzá. O primeiro acto de recoñecemento a este Ilustre veciño é o propio cartel que anuncia esta edición da Festa. Ademais la exposición “Francisco Fernández Del Riego: unha vida pola cultura e por un pais” cedida polo Excelentísimo Concello de Vigo, a través de 10 paneis fai un percorrido pola vida do ilustre intelectual deixando clara a laboura que deixou sobre a súa terra galega.
Concerto da REAL BANDA DE GAITAS DA EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Como colofón na tarde do domingo, as 8 da tarde, a REAL BANDA DE GAITAS DA EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, considerado un dos mellores exponentes da música do noso país, ofrecerá o seu concerto no interior da Igrexa de Santa María de Valdeflores.
Degustación
Un dos apartados importantes de toda festa gastronómica é a degustación que se fai do producto a promocionar. Este ano a organización vai a poñer á venda máis de 1.500 racións de faba de diferentes especialidades ao longo das dúas xornadas, e poñeránse a venda a 5 € a ración.
Este ano, non se poñerán á venda tickets para a degustación, xa que a mesma recobra calidade e será servida directamente na propia mesa onde se deguste baixo a carpa que situaremos na Praza César Chavarría.
IV Concurso de Tapas con Faba de Lourenzá
Ademáis da degustación de cuncas de Faba de Lourenzá a maior parte dos establecementos de hostalería da localidade, participan no IV Concurso de Tapas con Faba de Lourenzá ofrencendo de forma gratuíta distintas formas de cociñala como acompañamento ás consumicións.
Pregón de festas
Cabe descatar a participación este ano de Belinda Wasington como preonera. Esta actriz e presentadora de televisión, presentará a XXI Festa dá Faba, ou motivo, non é outro que ou amor que sinte por estas terras que a levou inclusive a fixar a súa segunda residencia non concello veciño de Trabada.
FEIRA EXPOSICIÓN ARTESÁNS
Dentro do Mosteiro de San Salvador, máis de 30 artesáns de Galicia, Asturias e León, ofrecerán ao público diferentes productos como: artesanía en madeira, ferro, cestería, pratería, xoiaría, comprementos, cosmética natural, cerámica, coiro, instrumentos musicais, alimentación (adegas vinícolas, apicultura, queixerías, embutidos…).
Por outra banda no Claustro do Pozo Santo estará ubicada a Exposición “Tempo de Xogar” composta de xoguetes tradicionais e incluíndo obradoiros adicados a público en xeral os dous días da festa pola mañá. Os ideadores de “Tempo de Xogar” son Xosé López González e Xosé Manuel García, veciños de Lourenza. A exposición está composta de xoguetes elaborados con productos da nosa flora, e ten como finalidade recordar aos máis veteranos os xogos de cando eran nenos, e aos nenos de hoxe en día os xogos cos que se criarion os seus páis e avós.