Site icon Crónica3.com A Mariña

A piscina de Lieiro en Cervo abre o sábado tras pechar en agosto para mantemento

Nota de prensa

A PISCINA DE LIEIRO REABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO SÁBADO TRALOS TRABALLOS DE MANTEMENTO INICIADOS EN AGOSTO

Cervo, 15 de setembro de 2011.- O Concello de Cervo informa que o vindeiro sábado, 17 de setembro, reabrirá as súas portas a piscina olímpica municipal de Lieiro, una vez que remataron os traballos de mantemento levados a cabo durante o mes de agosto e parte do presente mes de setembro. Así mesmo, as piscinas ao aire libre de Río Covo permanecerán abertas hasta o domingo, 18 de setembro.

Este ano, ademais dos traballos habituais de mantemento que se fan habitualmente nesta instalación no mes de agosto, o Goberno local decidiu abordar outras obras de mellora. Concretamente renovouse o encintado das xuntas do chan do vaso da piscina (unha das tres únicas piscinas de Galicia de 50 metros de lonxitude).

As devanditas obras tiveron un custe aproximado de 12.000 euros e obrigaron a prolongar o peche da piscina dúas semanas máis do habitual.

O Ximnasio non pechou en agosto

O ximnasio municipal -situado nas mesmas instalacións da piscina- non pechou durante o mes de agosto, se non que axustou o seu horario á época estival e dende hai uns días xa volveu ao seu horario habitual de mañá e tarde.

Máis de 90.000 euros de inversión nos últimos 20 meses

Os investimentos feitos nos últimos 20 meses na piscina de Lieiro superaron os 90.000 euros. Nun primeiro momento levouse a cabo unha inversión de 60.000 euros, gracias ao apoio da Secretaria Xeral para o Deporte, e logo modernizouse o ximnasio cunha partida de 21.000 euros, dos cales 8.000 foron froito doutra axuda da Xunta, e agora hai que engadir os12.000 euros destas obras de encintado do vaso desta instalación.

Exit mobile version