Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pomba do Arco presenta o libro Amigos e Sodomitas de Carlos Callón na Casa da Cultura de Foz

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CARLOS CALLÓN TORRES.

A asociación cultural A Pomba do Arco convoca a tódalas persoas interesadas polas cultura e pola historia este venres 23 ás 20.30 da tarde na Casa da Cultura (poeta Manuel María) do concello de Foz, á presentación do libro de Carlos Callón Torres Amigos e Sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.

Carlos Callón é licenciado en filoloxía galego portuguesa e en románicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é autor de varios traballos sobre destacados persoaxes da literatura galega así como de varios libros entre os que destacamos os seguintes:

Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela (2005)

En castellano no hay problema (2010)

Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media (2011)

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011)

Aparte da súa produción literaria é asíduo colaborador en periódicos como A Nosa Terra, Tempos Novos e Galicia Hoxe, entre outros.

Asimesmo leva a cabo unha frenética labor institucional pois dende o ano 2002 é presidente da Mesa pola normalización lingüística e de asociacións coma Fundación Vía Galego e da Federación Estatal Diverslinguae.

O libro que nos ven a presentar o día 23 é unha documentada visión de cómo entre os séculos XI e XIV se crea, se configura e se lle da forma ao pecado-delito da sodomía, cando durante mil anos ese pecado non existía, tamén se nos fala que como se pasa dunha situación de tolerancia total a outra de intolerancia radical en contra da homosexualidade. Nas súas páxinas veremos o primeiro dos matrimonios homosexuais en Galiza, o 16 de abril do ano 1061. Esta e outras moitas historias e sobre todo moitos datos históricos documentados que nos van falando de cómo os homosexuais tiveron que ocultarse, esconde-los seus sentimentos para poder, literalmente,vivir, pois recoñece-la condición de homosexual na Idade Media ía emparellado a unha morte segura e dolorosa.

Este campo de investigación é moi novidoso e falto de documentación por iso este libro foi galardoado co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no ano 2011.

A presentación de este libro na Casa da Cultura significará unha ocasión única para coñece-lo seu autor e que nos asine e adique os libros que lle levemos.

A Asociación Cultural A Pomba do Arco comprácese en invitar a toda persoa interesada tanto na cultura como na historia a que se achegue o venres 23 ás 20.30 á Casa da Cultura do Concello de Foz para coñecelo autor desta interesantísima obra que imos presentar.

Exit mobile version