Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio ceneto de xogadores participaron na primeira xornada a LNB en Burela

Nota de prensa:
1ª xornada da LNB 2011.2012. Conferencia Norleste

Contra as 16,00 h deu comezo o goteo de palanadores ó porto de Burela para disputar a 1º xornada dunha nova e ilusionante tempada na conferencia Norleste da LNB. Ó III Aberto do bonito xuntou a medio cento de palanadores baixo un ceo azul despexado e no que as escandalosas gaivotas foron sustituidas polo vo menos ruidoso das billardas.

Entre os dez equipos en liza, debutaban con moita ilusión e non faltos de eficacia os Troitas Bravas de A Pontenova e o Spartak de Muimenta que, xunto cos xa habituais e mais veteráns, convertiron o peirao burelés nunha gran festa billardeira chea de luz e color.

Xa no eido puramente deportivo, malia os esforzos e bo xogo dos rivais, a tan agardada liga regular de billarda comeza cos actuais campións da Conferencia domiñando lixeiramente.

Puidose comprobar que os abertos do verán cumpriron co seu obxetivo de por os xogadores en forma. Os primeiros postos cada intre son mais competidos e dificiles de acadar. Naide ven de comparsa e todos e cada un dos palanadores teñen opcións de gañar.

A novidade do sistema de xogo diste ano tivo un exitoso comezo. A dispar sorte nos emparellamentos permite as sorpresas en cada xornada e os a priore “favoritos” non o son tanto con iste sistema como no xogo por eliminatorias.

Cada palanador dispuxo de cinco carreiras para propoñer a súa candidatura o trunfo final. Logo de finalizar fixeron pleno de 10 puntos (dous por cada carreira gañada) Guille de “Os Outros” e Martiño de “Remourelle Bulls”. Nun desempate a 2 carreiras Martiño tivo que se conformar co 2º posto sendo Guille o Campión do Aberto.

Ós 9 puntos chegaron Juan e Markytos (ámbolos dous de Billardeiros Musicais) e Xosé Rodiño de Bateas. Logo de 3 carreiras de desempate foi o Bateas Xose Rodíño o que subio o caixon como 3º clasificado.

Os tres primeiros recibiron sendos agasallos conmemorativos patrocinados pola Asociación o Buril, que tódolos anos colabora e mesmo participa no aberto. Tampouco faltou o bonito para o Campión, ainda que desta volta levouno xa perfectamente envasado. Guille coroouse ca monteira, niste caso non de jaiteiro senón de jañador do aberto. Bo comezo para o Campión de Os outros que por riba acadou tamén 2 varados dos catro que se conseguiron na xornada, os outros dous foron de Juan (B.M.) e de Muriego (Remeourelle Bulls).

Clasificación:

INDIVIDUAL: Guille 10 puntos

Martiño 10 id.

Juan, Markytos e Xose Rodiño 9 puntos

EQUIPOS: Os Outros 31 untos

Billardeiros Musicais 30 id.

Bateas 29 id.

VARADOS: Guille 2 varados

Juan 1 id.

Muriego 1 id.

Exit mobile version