Site icon Crónica3.com A Mariña

A rede de voluntariado do concello de Barreiros recada fondos para axudar á poboación do Corno de África

Nota de prensa

BARREIROS SERÁ ESCENARIO O VINDEIRO SÁBADO DO I DÍA SOLIDARIO, QUE ORGANIZA A REDE DE VOLUNTARIADO LOCAL DO CONCELLO.

Barreiros, 20 de setembro de 2011. Barreiros acolle o vindeiro sábado, 24 de setembro, o I Día Solidario, que organiza a Rede de Voluntariado Local do Concello co obxectivo de recadar fondos para axudar á poboación do Corno de África. O donativo irá destinado a Médicos sen Fronteiras.

O programa dará comezo cunha ruta de sendeirismo a partires das 9 da mañá pola fervenza do río Santo Estevo. De 11 a 20 horas desenvolveráse na praza do Concello un mercadiño solidario no que se venderán libros donados e produtos de artesanía elaborada pola Rede de Voluntariado Local, tamén haberá postos adicados á gastronomía e diferentes actividades durante a tarde. Ás 16 horas actuará O Arco da Vella, ás 17:30 horas globoflexia e ás 18 horas contacontos e lectura de lendas da Mariña. Desde a organización explican que durante toda a tarde haberá tamén xogos populares.

No restaurante Asador celebrarase un xantar solidario a partires das 13.30 horas. O prezo do cuberto é de 14 euros (12 son para o pago da comida e 2 para o donativo que se enviará a Médicos sen Fronteiras). O I Día Solidario culminará ás 20 horas coa actuación da Coral Polifónica de Barreiros no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Esta cita está organizada pola Rede de Voluntariado Local e polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros. Colaboran: Autos Dorado, asociación de sendeirismo Camiñantes e Camiños, Coral Polifónica de Barreiros, O Arco da Vella, Erosky City Barreiros e Xunta de Galicia.

Exit mobile version