Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ruta de Tapas con Fabas de Lourenzá oferta 18 especialidadades en 7 establecementos

Nota de prensa

Coa participación de sete establecementos hosteleros.

A Ruta de Tapas con Fabas de Lourenzá chega a súa cuarta edicción

• Poderanse degustar 18 especialidades

• As tapas serán dadas de balde coa consumición habitual

Lourenzá, 29 de setembro do 2011.- O Concello de Lourenzá organiza no marco da XXI Festa da Faba o IV Concurso de Tabas con Fabas de Lourenzá.

Neste concurso participan sete establecementos de hostelería, Restaurante La Unión, Mesón O Pipote, Café-Bar O Torreón, Cafetería Galaxia, Café-Bar O Cantón, Cervecería O Recanto e Cafetería Vinoteca Morrigán.

Entre os distintos establecementos poderánse degustar 18 especialidades distintas, todas elas elaborados có noso produto estrela, A Faba de Lourenzá. As especialidades a degustar varían entre a típica fabada ata outras máis elaboradas como Faba Rústica ou Fabas con bacalao e gulas.

A xente que nos visite durante este fin de semana poderá probar estas deliciosas tapas de balde ao pedir a súa consumición nos establecementos mencionados dende o venres pola noite ata o domingo a medio día.

O fallo do xurado darase a coñecer nun acto público o domingo 2 as 19 horas no Claustro do Mosteiro de San Salvador. Segundo nos informa a Concelleira de Medio Rural, Emma Alvarez, o xurado será un xurado popular formado por 13 persoas da vila. Asi mesmo quere agradecer a colaboración dos establecementos que participan neste concurso.

Exit mobile version