Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta afirma que impulsa o uso do sofware libre nas aulas da rede Cemit

Nota de prensa

A XUNTA IMPULSA O USO DO SOFTWARE LIBRE NAS AULAS DA REDE CEMIT CON FORMACION ESPECIFICA PARA OS AXENTES TIC

Celebra unhas xornadas formativas para que os profesionais que xestionan as aulas coñezan en profundidade este tipo de software e contribúan á súa difusión entre a cidadanía
Celebraranse nas aulas CeMIT de Santiago,  Lugo, Ourense e Vigo entre o 19 e 22 de setembro
A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS)
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción Floss que desenvolve a Secretaría Xeral de Modernización para impulsar o uso e difusión do software libre

Santiago, 17 de setembro de 2011.- A Xunta celebra entre o 19 e o 22 de setembro unhas xornadas formativas provinciais sobre software libre dirixidas aos axentes TIC, os profesionais que se ocupan das 89 aulas que integran a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).

A rede CeMIT estase a equipar con sistemas operativos, solucións e ferramentas informáticas baseadas en software libre e fontes abertas (FLOSS), colaborando así tamén na súa difusión. Esta iniciativa alíñase coa política de promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en software libre que está desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a través o Plan de Acción FlOSS.

A difusión das tecnoloxías FLOSS que está a levar a cabo a rede CeMIT require tamén da capacitación dos Axentes TIC no eido do software libre. Con este obxectivo celebraranse  no mes de setembro catro xornadas provinciais de introdución ao Software Libre cuxos principais obxectivos son, ver e comprender os aspectos diferenciais das aplicacións Software Libre e software propietario e proporcionar unha visión persoal das aplicacións de Software Libre e o seu posible uso  no ámbito laboral dos responsables das aulas CeMIT.

Contido da xornada
A xornada estrutúrase en tres partes, cunha introdución previa sobre como executar, cambiar e distribuír copias de documentos en software libre con ou sen cambios. Na primeira parte darase a coñecer o sistema operativo, o seu ámbito de escritorio e o explorador de arquivos do sistema.

Na segunda abordarase a personalización e administración do sistema operativo e o traballo coas principais aplicacións da distribución e na terceira trataranse outras aplicacións de Software Libre.

Este curso que conta cun horario único de 10 a 14 horas organízase en catro xornadas provinciais  de cara a achegar a formación ao maior número de axentes posibles. Xúntase listado de datas e lugares das xornadas:

– Día 19 na aula CeMIT de SANTIAGO DE COMPOSTELA
Aula Centro Multimedia de Galicia
Rúa Hórreo 61-20

– Día 20 na aula CeMIT de LUGO
Centro Social Lamas de Prado
Praza do Castiñeiro, s/n

– Día 21 na aula CeMIT de OURENSE
Avda. Progreso 44

– Día 22 na aula CeMIT de VIGO
Rúa Oporto, 1

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Oficina CeMIT a través do seguinte correo electrónico formacion-cemit@xunta.es, ou ben a través do teléfono 981 957 136.

Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT), integrada por 94 aulas presentes en 89 concellos galegos, ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Exit mobile version