Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz agradece o traballo realizado a todos os que fixeron posible a I Festa Normanda

Nota de prensa

ACIA FOZ AGRADECE O TRABALLO REALIZADO POLOS QUE FIXERON POSIBLE A I FESTA NORMANDA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA.

Foz, 2 de setembro de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz agradece o traballo realizado a todos os que fixeron que a I Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica fose unha realidade.

Desde ACIA Foz, José  Carlos Paleo, quere “darlles as gracias a patrocinadores, organizadores, colaboradores, medios de comunicación, participantes e visitantes polo éxito acadado con esta cita coa nosa historia”. E anuncia que “a segunda edición da Festa Normanda xa está en marcha. O noso obxectivo é mellorala e estamos seguros de que entre todos poderemos conseguilo”.

Exit mobile version