Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación municipal de Asuntos Sociais programa obradoiros de memoria en Cervo e San Cibrao

Nota de prensa

COMEZAN EN CERVO OS OBRADOIROS DE MEMORIA “LEMBRANZAS II” ORGANIZADO POLA DELEGACIÓN DE ASUNTOS SOCIAIS E CULTURA.

O taller de memoria dará comezo o vindeiro mes de outubro en San Ciprián, Cervo e no resto das parroquias.

Os distintos obradoiros serán impartidos por Elisabet Peña e promovidos pola Concellaría de Asuntos Sociais que dirixe Tania González.

Participantes na edición do ano pasado

Cervo, 26 de setembro de 2011.- A concelleira de Asuntos Sociais, Tania González anunciou hoxe que os obradoiros de memoria “Lembranzas” darán comezo o vindeiro mes de outubro nos núcleos de Cervo e San Ciprián e nos centros sociais das parroquias.
Os obradoiros celebraranse en Cervo tódolos luns e mércores na sede do Ecomuseo en horario de 16:00 horas a 18:00 horas; e en San Ciprián terán lugar na Casa da Cultura os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. No resto das parroquias os talleres impartiranse segundo a demanda e a dispoñibilidade horaria.
Os interesados en participar deberán estar empadroados no municipio. Para inscribirse e ampliar información deben dirixirse no caso de Cervo á Casa do Concello ou chamando ao teléfono 615.32.13.86 e en San Ciprián á Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982.59.51.57.
Tania González quixo salientar a celebración deste tipo de obradoiros un ano máis pero que non deixa de ser una continuidade da iniciativa do goberno local anos atrás. Con este taller o que se persegue é que os veciños e veciñas que o desexen poidan reforzar a súa capacidade de retención de ideas, recordos e imaxes. Neles buscase ademais fortalecer as áreas de lingua e aritmética mediante a exercitación da lectura e a realización de operacións matemáticas, tarefas que serven a modo de ximnasia para o cerebro.

Exit mobile version